Visítanos!

Centro Infantil Ludoteca Trasnos
Travesía Restollal 03 ( antes)

Rúa Alejandro Pérez Lugín 07 

15702 Santiago Compostela

Teléfonos

981 592 514

657 505 187
 

Horario

Luns-Venres: 8,00 a 20,30

Sábados: 9 a 14

Benvida/o a Trasnos!

Nadal 2014

               

  Bo Nadal e felices festas !

Comezan os nosos obradoiros de Nadal en Trasnos. Un espazo onde conectamos co mundo lúdico e de repecto da nena e do neno.

HORARIOS FLEXIBLES!

 

VISITA DOS PAXES REAIS: o 16 de decembro tivemos a visita do Carteiro Real... e levou todas as cartas... que emocionante!

 

O 22 de decembro damos comezo ao Campamento de Nadal.. A divertirse experimentando.

 

Comezamos coa viaxe!!!

Pasaremos polo Caurel a visitar o Apalpador, estaremos en Laponia con Papá Noel e veremos por que parte de Oriente andan os Reis Magos. Todo isto a través das nosas actividades dinámicas e lúdicas.

 

__ Música: Rítmos, melodías e intrumentos típicos do Nadal.

__ Cociña: Ricas recetas para sorprender ao noso padal, mmmmm!

__ Teatro: Representacións, disfraces, maquillaxe, sketchs, maquillaxe... 

__ Informática: Viaxes virtuais e actividades didácticas interactivas.

     ... e MOITA FESTA!


  • QUEDAN 3 PRAZAS.

 

 

 

Obradoiros diarios durante o curso:

 

 Inglés: 

  • 2 sesións á semana (Profes  nativ@s). 
  • Obradoiros os sábados para nenas e nenos.
  • Quedan prazas para o grupo do Mércores.

 

     Música:

  • 1 sesión semanal, os luns. Programa "Peques das Artes", seguindo a metodoloxía de Paulo Lameiro.
  • Quedan prazas para o grupo de Luns

   

     Teatro:

  • 1 Sesión Semanal ; os venres
  • Interpretación, potenciar a resposabilidade, maquillaxe, disfraces, teatriño, obradoiros de marionetas e representacións.

     Cociña:

  • 1 Sesión Semanal ; os mércores
  • Ricas recetas típicas da época e da zona da que se estea explorando. 

     Informática:

  • 2 Sesión Semanal ; os luns e venres.
  • Destrezas co rato; viaxes interactivas.. 

     Animación á lectura


 

_______________________________________________________________

 

Somos un centro moderno, innovador, con compromiso de calidade, de atención personalizada, de non masificación; con modernas instalacións, patio exterior, proxecto educativo propio... Construímos un entorno intencionadamente non masificado, coa posibilidade de que os nenos e as nenas estean ao aire libre, onde cada persoa debe sentirse querida, segura, protexida; onde con todo o noso empeño procuraremos que se divirtan xogando ao tempo que se forman dun xeito integral.

 

Versión para imprimir Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Centro Infantil Ludoteca Trasnos